Maratón 10hs 2017: Inscripciones

Despois do éxito do maratón do ano pasado, este ano queremos repetir a experiencia, polo que vos convidamos a participar nesta nova edición.
DATA: 5 de agosto de 2017.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Fútbol de Nadela, Lugo
COORDENADAS: 42°58’03.9″N 7°30’30.3″W
llegar_icon
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: xoves 3 de agosto de 2017 ás 20:00 horas. Se realizará a través do formulario desta páxina web.

Non se admitirán inscricións por outro medio.
Na inscrición tamén atoparedes un apartado para indicar o número de acompañantes que virán con vós a esta xornada.
PREZO DE INSCRICIÓN: 12 euros por persoa que se aboarán no momento de recollida dos dorsais (a inscrición inclúe a comida). Os acompañantes aboarán 10€ pola comida.
NÚMERO DE PRAZAS: 14 equipos, estarán compostos por un mínimo de 3 arqueiros/as e un máximo de 6.
MODALIDADE: arco recurvo, poleas e tradicional.
NORMAS DO MARATÓN:

  • Durante as 10 horas que dure a competición sempre ten que haber un membro do equipo competindo.
  • Tiraranse as seguintes distancias: 70, 50, 30 e 18 metros.
  • Os equipos poden ser mixtos e terán que estar compostos por un mínimo de 3 arqueiros/as. A modalidade dos/as arqueiros/as poderá ser: arco recurvo, poleas e tradicional.
  • Os equipos compostos por persoas menores de 14 anos ou arqueiros que tiren con arco tradicional recibirán unha compensación de 20 puntos por cada tirada que realicen estes/as arqueiros/as.
  • Os equipos compostos por arqueiros/as que tiren con arco de poleas descontarase 30 puntos en cada distancia que realicen estas persoas.
  • O longo da competición haberá mini-competicións sorpresa.

TROFEOS: Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as equipos clasificados/as.
HORARIO ORIENTATIVO:
09:00 – 09:45 Recepción de arqueiros/as, entrega de dorsais, revisión de material e adestramentos.
10:00 – 20:00 Competición
20:30 Entrega de trofeos

Para calquera dúbida ou pregunta podedes poñervos en contacto con Anabel no 670 510 806 ou Shírley 647 812 424.

Colabora:

diputacion-deportes

Anuncios