Campionato Galego de sala de equipos de club 2019

Este ano o Galego de Equipos levounos ata Arteixo, onde o Arco Muralla acudiu cun equipo íntegramente femenino por primeira vez na súa historia. Marta, Isabel e Shírley foron as encargadas de representa-lo club.

Tra-las dúas rondas clasificatorias, situáronse nunha  meritoria sexta posición, anque na fase eliminatoria os cruces non se deron tan ben, acabando o equipo en noveno posto, pero desfrutando moitísimo da xornada!

Parabéns aos equipos que ocuparon o pódium: Arc-Teixo, Sílex e Lumelar.

Anuncios