Quen somos

ARCO MURALLA logo

Arco Muralla é un club de tiro con arco fundado na cidade de Lugo no ano 2008 por un grupo de persoas ás que nos apasiona a práctica deste deporte. Anque nos seus inicios tódolos arqueiros e arqueiras preferiamos o arco recurvo para tirar, na actualidade o club conta nas súas filas con deportistas de recurvo, composto e tradicional.

Ademáis de adestrar e participar en diferentes competicións tanto de ámbito autonómico como nacional, o Arco Muralla encárgase de organizar, polo menos, dúas competicions ó ano na nosa cidade: o Trofeo San Froilán de sala (valedeiro para ranking oficial) e a Maratón 10 horas ó aire libre por equipos.

Se che gusta este deporte ou che interesa coñecelo máis a fondo, non dubides en contactar connosco!

Anuncios